venres, 15 de maio de 2015

Charla sobre o Uso Responsable das TIC

Para as novas xeracións, nacidas na era da Internet e redes sociais, as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) forman parte da súa vida cotiá, o que xerou un cambio no xeito de comunicarse e de relacionarse entre as persoas, beneficiándose das innumerables vantaxes que conleva: información ao seu alcance, posibilidade de comunicación coas súas amizades, lecer a través de vídeos, música, xogos, etc. Aínda que son indubidables os beneficios e oportunidades que ofrecen estas ferramentas, debemos ser conscientes de que tamén entrañan riscos e perigos, sobre todo nos menores de idade, que acceden dende moi cativos ao mundo dixital, as redes sociais, teléfonos móbiles ou as súas aplicacións. A labor de pais, nais, titores e educadores é un factor clave e primordial no diagnóstico, prevención e actuación ante estas situacións, sendo preciso acompañar aos menores para que exerzan un uso responsable das TIC e Internet. A charla impartida o pasado día 29 de abril polo Departamento de Orientación do centro en conxunto coa Acción Titorial é unha medida máis para que os alumnos e alumnas coñezan e interioricen os diferentes riscos aos que poden facer fronte no seu uso cotiá das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
 

John Cleese

Se queres alumn@s creativ@s, dalles tempo para xogar.