martes, 23 de xaneiro de 2018
Sistema Solar
Despois do Nadal empezamos a traballar o noso Sistema Solar, cos seus planetas e o Sol que é a estrela que nos ilumina, para aprender dunha forma máis divertida os nenos coa axuda dos nosos pais preparamos estas manualidades.
venres, 12 de xaneiro de 2018
Saída Naturnova
Este xoves tivemos a oportunidade de visitar o Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova para poder facer un percorrido polas diferentes salas das que goza o centro. Así e logo, puidemos disfrutar dun cine submarino en 3D para aprender os nomes das diferentes especies que habitan nas nosas rías, tamén puidemos explorar o espazo e os planetas da Vía Láctea ou coñecer o ciclo da auga entre outra infinidad de cousas. Pasámolo xenial e non dubidamos en volver a repetir!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)