mércores, 20 de decembro de 2017

Papá Noel visítanos no Possumus!!!



Papá Noel estivo no colexio para agasallarnos con caramelos e para preguntarnos cales eran os nosos desexos para o Nadal. Ademáis tivemos a oportunidade de cantarlle a panxoliña que temos preparada para o último día de clase antes das vacacións. Foi todo un éxito, encantoulle!

venres, 15 de decembro de 2017

SESIÓN DE CINE: WONDER

Este mércores tivemos a oportunidade de disfrutar dunha sesión de cine para visionar o filme "WONDER", unha historia de superación e chea de valores dun rapaz chamado August. Disfrutamos moito e, de feito, algúns van repetir coas súas familias esta fin de semana.

 

John Cleese

Se queres alumn@s creativ@s, dalles tempo para xogar.