venres, 9 de decembro de 2016

Visita a Faro de Vigo

O pasado martes, 22 de novembro, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de E.P. tivemos a oportunidade de visitar a redacción e rotativas de Faro de Vigo para coñecer máis en profundidade como é o traballo dos redactores, administrativos e repartidores.
Alí aprendemos que Faro de Vigo é o diario decano da prensa española.
Imprimiuse por primeira vez o 3 de novembro de 1853 no taller tipográfico que tiña o seu fundador, Ángel de Lema y Marina. 
Ao longo dos seus máis de 150 anos de historia, Faro de Vigo converteuse nun elemento esencial na vida galega, alcanzando de media máis de 33.000 exemplares vendidos ao día.
Alén, descubrimos que o diario posúe 11 delegacións distribuídas entre Galicia e Portugal.
Entre outras cousas, puidemos aprender cos redactores as partes importantes dunha noticia (título, subtítulo, corpo, foto e pé de foto) e a maquetar. 
Xa nas rotativas, puidemos comprobar que teñen recambios cilíndricos de papel que chegan a pesar unha tonelada e media ou que se poden imprimir de 7 a 8 follas por minuto. 
Dende logo que... "non te deitarás sen lembrar unha cousa máis"! E nós lembramos moitísimas!





















Decoración de Nadal nas rúas de Teis

















domingo, 23 de outubro de 2016



O pasado día 14 de outubro celebramos unha Xornada de Convivencia Escolar no Colexio Possumus cunha festa temática dos anos 60. Os nenos, nenas e profes do cole viñemos disfrazados para a ocasión e tivemos a oportunidade de facer fotos nun photocall dunha furgoneta volkswagen da época. Pasámolo moi ben! Logo ceamos e tamén celebramos o aniversario dunha compañeira. Invitounos a tarta a todos! Para rematar a noite, puidemos disfrutar dunha película con palomitas. Finalmente, fomos ata o ximnasio onde estiramos os nosos sacos de durmir para descansar. Custounos un pouco conciliar o sono pero por fin caímos rendidos! Agardamos que vos guste moito o vídeo que editamos con moito cariño. Viva o Colexio Possumus!


 

John Cleese

Se queres alumn@s creativ@s, dalles tempo para xogar.