mércores, 20 de decembro de 2017

Papá Noel visítanos no Possumus!!!



Papá Noel estivo no colexio para agasallarnos con caramelos e para preguntarnos cales eran os nosos desexos para o Nadal. Ademáis tivemos a oportunidade de cantarlle a panxoliña que temos preparada para o último día de clase antes das vacacións. Foi todo un éxito, encantoulle!

venres, 15 de decembro de 2017

SESIÓN DE CINE: WONDER

Este mércores tivemos a oportunidade de disfrutar dunha sesión de cine para visionar o filme "WONDER", unha historia de superación e chea de valores dun rapaz chamado August. Disfrutamos moito e, de feito, algúns van repetir coas súas familias esta fin de semana.

mércores, 29 de novembro de 2017

Rubicundo

O pasado venres 17 de novembro fomos ao teatro Afundación a ver a obra Rubicundo, unha adaptación do libro de María Canosa (libro que se vai traballar no Plan Lector do centro).
A obra cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, que nos arrodean nas cousas máis pequenas. Fala da necesidade de prestar atención aos pequenos detalles, eses que fan os días grandes. Rubicundo fala da perseveranza, ilusión e o traballo como camiño á posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias...
Os alumnos/as de 3º e 4º saíron encantados! 


Axedrez na aula






Panxoliña Nadal 2017


venres, 9 de xuño de 2017

Excursión de Fin de Curso

Como cada ano tivemos a excursión de fin de curso á praia. Estivemos na fermosa praia de Barraña, en Boiro. Disfrutamos dun día caloroso aínda que non saíra moito o sol (nós bañámonos igual eh! ;) ), e tamén puidemos estar un tempo na parte do monte, alí xantamos e merendamos. E por suposto, non nos esquecemos de tomar o xeado antes de voltar a Vigo.

Botádelle unha ollada ás fotos que nos fixeron as profes!!!









Saída ao “Museo do Mar de Vigo”



O pasado xoves tivemos unha nova saída. Esta vez fomos ao Museo do Mar. Tivemos que separarnos por clases e os de 3º estiveron disfrutando dunha clase de arqueoloxía mentres que os de 4º tiveron unha clase sobre submarinismo. Mirade as fotos para ver que ben o estivemos a pasar!















luns, 15 de maio de 2017

"O maio do cole"

Co motivo da "Campaña de Maios" organizada pola Asociación de Comerciantes de Teis-ZonaTeis Centro Comercial Abierto, o noso colexio adicou un par de días á realización deste fermoso maio, e os nosos nenos e nenas participaron nel. Como podedes ver nas seguintes fotos pasámolo moi ben axudando a profe Marta.













E este é o resultado, quedounos bonito, non?




 

John Cleese

Se queres alumn@s creativ@s, dalles tempo para xogar.