xoves, 9 de febreiro de 2017

Visita ao Museo de Pontevedra

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acolle as coleccións de pintura española dos séculos XIX e XX e de arte galega dende o século XIV ata a actualidade, reservándose un apartado destacado para a obra do médico, artista e político Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Conta con talleres de restauración e montaxe, depósitos de fondos e sala de exposicións temporais. Nas vinte e tres salas de exposición permanente pódese disfrutar da evolución da arte galega dende o gótico ata a actualidade, así como as manifestacións artísticas realizadas noutros puntos de España desde os tempos de Goya ata mediados do século XX. Nesta ocasión puidemos aprender moito da arte prehistórica, da epigrafía romana, ourivería antiga e da Idade do Bronce. Os máis cativos tiveron a oportunidade de facer unha actividade lúdica relacionada coas obras de arte galega do gótico.
 

John Cleese

Se queres alumn@s creativ@s, dalles tempo para xogar.